instalacións
600 m2 de instalacións
A sede da Cooperativa Erica Mel, xunto coa da Asociación Galega de Apicultura, está en Arzúa no Centro do Queixo e do Mel. Nestas instalacións, ademais da planta de envasado, hai unha tenda cunha ampla oferta de produtos apícolas, un espazo museográfico e unha aula de formación.
Este tamén é o punto de encontro e de referencia tanto na formación coma na innovación apícola, posto que ao longo do ano se desenvolven aquí distintos actos e xuntanzas.
Control de calidade, trazabilidade e clasificación
Os produtores de Erica Mel entregan as súas producións na cooperativa. O noso departamento de calidade realiza a toma de mostras para o control analítico, necesario para garantir a excelente calidade destes meles e a súa clasificación e finalmente envasalos como meles monoflorais, multiflorais e outros usos.
Envasado e etiquetado
Según a demanda de cada un destes produtos procedemos ao seu envasado artesanal para garantir a súa naturalidade que é o que máis valora o consumidor e logo etiquetámolos dacordo coa lexislación vixente.
Tenda
No Centro de Divulgación do Queixo e do Mel hai unha tenda de produtos apícolas elaborados en base aos traballos realizados no noso departamento de innovación.
Son, todos eles, produtos sanos e naturais producidos polas abellas a partires das flores de plantas silvestres que abundan en toda Galicia e que os abelleiros asociados a Erica Mel recollen con moito esmero e sabedoría para disfrute daqueles que coidan a súa alimentación.
Catas e degustacións
Contamos cunha sala onde gustosamente atendemos a distintos grupos e colectivos que previamente solicitan unha sesión de cata e degustación dos nosos produtos.
Visítanos
ERICA MEL S.C.G.
Feira nova s/n. Santa María
15819 Arzúa, A Coruña
Chámanos
981 508 142
Escríbenos
cooperativa@ericamel.gal





