981 508 142

de onde vimos

A cooperativa dos apicultores e apicultoras galegas dende 1990

A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1990 pola iniciativa dun pequeno grupo de apicultores integrados na Asociación Galega de Apicultura-AGA que, convencidos da extraordinaria calidade dos seus produtos apícolas, buscaron xuntos a mellor vía para facelos chegar ao consumidor.
Nestes comezos a aportación dos coñecementos e o esforzo persoal dos socios foi determinante. A capacidade ilusionante daquel proxecto, o traballo e a constancia desembocan hoxe nunha cooperativa integrada por mais de 250 socios que da emprego a seis persoas e vende os seus produtos en nun ámbito autonómico e mundial.

 

O nome da cooperativa é un recoñecemento á erica (queiroga), a planta melífera galega por excelencia. Está moi extendida polos nosos montes e, dende tempos inmemoriais é a fonte máis xenerosa dos noso meles escuros, que tanta sona alcanzan alén da nosa comunidade. A súas cores características, que van dende o branco da variedade arbórea ate o fermoso violeta da cinérea, enchen de viveza as zonas silvestres donde florecen.

Modelo Erica Mel, S.Coop.G.

De todas as socias e socios, máis dun cento de apicultoras e apicultores comercializan cada ano sobre uns 100.000 quilogramos de mel, que vai ao mercado envasado como mel multifloral e monofloral para todo o mundo.

Erica Mel tamén elabora e comercializa unha liña de produtos I+D: mel crema e derivados, con boa demanda por aquelas persoas consumidores que confían nas propiedades terapéuticas dos produtos das abellas.

Esta cooperativa envasa tres marcas alleas e unha propia coa contraetiqueta da IXP-Mel de Galicia.

Tamén lles dá o servizo de etiquetaxe a persoas asociadas de AGA e Erica Mel S.C.G. coa marca colectiva «DAS MIÑAS COLMEAS», para o seu uso consonte a normativa de produción primaria.

Visítanos

ERICA MEL S.C.G.
Feira nova s/n. Santa María
15819 Arzúa, A Coruña

Chámanos

981 508 142

Escríbenos

cooperativa@ericamel.gal

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad