981 508 142

OS nosoS melES

¿Qué é o mel?

Para as abellas é unha reserva alimentaria e para os humanos un alimento único no seu xénero.

Unha pinga de mel é un extracto concentrado de centos e centos de flores.

Unha rica variedade de meles

Non existe un único mel, senón tantos como plantas hai e como combinacións posibles poden confluír entre elas. É unha gama infinita de cores, aromas e sabores.

Da flor á mesa

Non resulta preciso realizar modificacións no mel. Este produto puro e natural que é o mel non precisa que se lle engada nin quite nada.

 

Presentación e conservación do mel

Como un líquido ámbar, denso e perfumado, pero non sempre é así. Todos os meles son líquidos no intre da súa extracción, pero logo dun período de tempo, que vai dalgúns días a varios meses, case todos eles cristalizan.

A cristalización é un proceso natural

A cristalización do mel débese á elevada concentración de azucres nobres e de substancias nutritivas. A composición do mel cristalizado é idéntica á do seu estado líquido orixinario, soamente cambia o estado físico.

Co paso do tempo, o mel non perde as súas características alimentarias. Co tempo non se torna nocivo para a saúde, pero canto máis recente sexa a produción, máis completo é, así como saudable.

A conservación óptima é mellor ao fresco, nunha temperatura ambiente sen sobrepasar os 20 graos de temperatura. Os tarros deben ser conservados pechados hermeticamente e estar protexidos da luz.

Tipos de meles

Mel Monofloral

A produción de mel monofloral resulta posible cando hai unha especie botánica dabondo presente na contorna do apiario. O valor do mel monofloral é superior debido á unicidade das súas características, da súa composición e a miúdo tamén da súa rareza.

Mel Multifloral

Son tan numerosos como posibilidades de combinanións florísticas hai. A procura dun mel preferido constitúe unha apaixonante viaxe, pois cada comarca, cada val, cada paisaxe ofrece o seu propio mel.

¿Por que o utilizamos?

En todas as culturas atribúenselle ao mel valores simbólicos e terapéuticos. O consumo de mel no fogar en vez de azucre é o máis recomendable en todos os casos. As súas características á natureza, é un alimento natural sen manipulación nin emprego de aditivos, e favorece a boa saúde.

Alimento enerxético

Fornece calorías rapidamente asimilables, útiles para a práctica física, para o traballo intelectual, e moi adecuado para persoas maiores, débiles ou enfermas.

Confirmación pola ciencia

O mel está dotado de propiedades emolientes e adozantes, moderadamente laxativas, antitusivas. Presenta unha actividade antibacteriana, útil no caso de enfermidades debidas a arrefiados e gripes, así como para irritacións de gorxa, e mais para usos externos en queimaduras, chagas e feridas. O mel fai a nosa alimentación máis equilibrada e sa.

O mel está moi bo

Cada mel é particular, e hainos para todos os gustos, mesmo para os que non gustan de lambetadas doces. Dentro da propia Galicia temos meles con características moi diferenciadas en cores, aromas e sabores.

Consumo do mel

En Galicia, de sempre cultiváronse as abellas e consumíronse os seus exquisitos meles, procedentes de flores silvestres de montes e bosques.

Os consumidores que desexen o noso mel buscarán a contraetiqueta da IXP-Mel de Galicia ou acudirán aos meles de produción primaria, ao mercado local e á tenda de proximidade, ou directamente á casa da persoa produtora local.

En Galicia contamos con meles multiflorais, monoflorais e de paisaxe de flores silvestres de monte extraordinarios. Realizamos un procesado artesanal e contamos cunha Indicación Xeográfica Protexida-Mel de Galicia e cunha normativa de produción primaria, así como cunha boa formación das apicultoras e dos apicultores que nos ofrecen distintas posibilidades de comercialización.

Os meles en Europa

En Europa impórtase máis do 50 % do mel consumido, sendo este mel de baixo prezo, que provén de países moi afastados, cunha calidade moi inferior aos nosos, pero que resulta difícil de identificar para os consumidores mediante un etiquetado confuso. En calquera caso, son meles industriais sometidos a altas temperaturas no seu envasado, o que provoca a perda das súas propiedades biolóxicas e terapéuticas, e aparecen no mercado sempre líquidos.

Máis que mel!

A IXP-Mel de Galicia é unha marca de calidade e orixe a nivel europeo que protexe os nosos meles.

Producir e envasar meles monoflorais, melatos e meles de paisaxe (parques naturais, reservas da bioesfera etc.) é unha demanda que buscan cada vez máis consumidores.

Os meles de produción ecolóxica, marca de calidade a nivel mundial, son unha boa opción para as nosas producións melíferas.

I+D+I, mel crema e derivados, bebidas, cosmética e apiterápia son posibilidades que lles dan máis valor aos n.

En Galicia temos un concurso de mel para envasadoras, organizado pola Consellería do Medio Rural e a IXP-Mel de Galicia e son moi acaidas a morea de “Feiras do Mel” que teñen lugar tódolos anos pola nosa xeografía.

Valor biolóxico do mel.

Moi importante para os que buscan alimentos beneficiosos para a saúde humana (saudables).

.Actividade bacteriostática: ven dun encima do mel que orixina auga osixenada que inhibe o crecemento de bacterias. tributo termolábil (destrúese coa temperatura) pódese medir coa actividade glico-oxidase.
.Actividade antioxidante: ven marcada pola porcentaxe de própole que haxa no mel. A própole multiplica por 40 ou 50 o valor antioxidante do mel, non é termolábil (non lle afecta a temperatura).

 

Visítanos

ERICA MEL S.C.G.
Feira nova s/n. Santa María
15819 Arzúa, A Coruña

Chámanos

981 508 142

Escríbenos

cooperativa@ericamel.gal

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad