PROMOCIÓN ESPECIAL OUTONO: POLE ENVASE FAMILIAR (1.275 G) A 15,00€

Coa chegada do outono, a nosa saúde está máis vulnerable e é importante reforzala con alimentos que nos aporten enerxía e fortalezan o noso sistema inmune. Os produtos das abellas son ideais para este momento de cambio de estación e previr os habituais resfriados, gripes e virus que aparecen coa chegada do frío.

Por iso, dende Erica Mel lanzamos esta SUPER PROMOCIÓN DE POLE: ANTES 24 € / AGORA 15 € (promoción válida ata o 15 de nvoembro). En envase grande (1.275 g), para que chegue para toda a tempada e poida repartirse coa familia ou amigos. Podes conseguilo na nosa tenda online.

O pole é un superalimento, contén case todos os aminoácidos esenciais e moitas vitaminas. Altamente nutritivo, é a maior fonte proteíca de orixe vexetal. O pole tonifica, estimula, reequilibra e desintoxica.

O noso pole provén maioritariamente dos montes do Courel, e caracterízase por amosar unha gran variedade de cores, o que indica unha rica e diversa orixe floral. Para a súa conservación, sométese a un proceso de secado, o cal mantén as súas propiedades intactas.

Aconséllase consumir antes do almorzo, a cantidade dunha culler de postre diluida nalgo líquido, como pode ser zume, iogur, leite ou mesmo un pouco de auga. Mellor se o deixamos no líquido uns minutos antes de consumir para que se desfagan os grans.

Así que este outono a coidarse cos saudables produtos da colmea, arte da natureza!

ATENCIÓN: Promoción limitada por un mes (ata o 15 de novembro)

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad