II XORNADA MÁIS QUE MEL NO ENREDO DO ABELLEIRO
II XORNADA MÁIS QUE MEL NO ENREDO DO ABELLEIRO

2 de xullo de 2022 – Portodemouros, Arzúa

29/06/2022

A cooperativa Erica Mel participará na segunda xornada “Máis que Mel”, organizada polo colectivo Maisquemel. Nesta ocasión a cita será no Enredo do Abelleiro en Arzúa e terá como actividade principal a celebración do 1º Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas, un novo colectivo promovido por Máisquemel, que pretende visibilizar a presenza das mulleres na apicultura e noutros sectores relacionados co mundo das abellas.

Na xornada haberá outras actividades, como venda de material apícola da empresa Lyson, con descontos de ata o 20% para socios e socias, o Enredo do Abelleiro abrirá as súas portas ó público asistente e os nenos e nenas poderán facer interesantes actividades sobre as abellas.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal / 981 589 534

ORGANIZA: Maisquemel.gal

COLABORAN: Erica Mel, O Enredo do Abelleiro e Apitienda-Lyson

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad