XORNADA “MÁIS QUE MEL”
XORNADA “MÁIS QUE MEL”
4 de xuño de 2022, de 10 a 14h. – Arzúa

26/05/2022

Máisquemel e Erica Mel organizan esta xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos dirixida a diferentes públicos. Por un lado daremos a coñecer a importancia das abellas como insectos polinizadores e o valor dos produtos da colmea entre o público xeral e infantil, con varias actividades lúdicas e educativas. E por outro, haberá un espazo para os apicultores e apicultoras, no que se presentará a publicación “Manexo de masas vexetais para a apicultura”, editada por Frouma, cunha mesa redonda sobre a mesma temática.

OS BOLECHAS – MÁIS QUE MEL

Pola vila de Arzúa, de 10 a 14 h. Pasarrúas e animación cos Bolechas.

No Parque dos Polinizadores (a carón da nave de Erica Mel) de 11 a 14 h.: Presentación da publicación “Os Bolechas – Máis que Mel”, obradoiros para nenos e nenas e degustacións de meles e produtos das abellas.

Haberá varias sesións dos obradoiros ó longo da mañá. Cada sesión terá unhas prazas limitadas, que se cubrirán por orde de chegada. A participación será de balde, previa inscrición en info@maisquemel.gal.

DÍA DO COOPERATIVISMO

No Local da AAVV Santa María:

Ás 11.30 h. Mesa redonda “Manexo de masas vexetais para a apicultura”. Coa presenza das persoas autoras: Suso Asorey, biólogo; Rebeca Vázquez, bióloga; Diego Sánchez, técnico de Frouma.
Ás 13 h. Asemblea xeral de Erica Mel S.C.G.

Na nave de Erica Mel, de 10 a 14 h.: Venda de material apícola e promoción de produtos

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad