Tipos de meles
Tipos de meles
En todas as culturas atribúenselle ao mel valores simbólicos e terapéuticos. O consumo de mel no fogar en vez de azucre é o máis recomendable en todos os casos. As súas características á natureza, é un alimento natural sen manipulación nin emprego de aditivos, e favorece a boa saúde.
Monoflorais
Meles que mostran a nosa diversidade florífera.
Castiñeiro
A produción de mel monofloral resulta posible cando hai unha especie botánica dabondo presente na contorna do apiario. O valor do mel monofloral é superior debido á unicidade das súas características, da súa composición e a miúdo tamén da súa rareza.
Eucalipto
Cor ámbar clara, alaranxada, aroma floral.
Sabor doce.
Pole de eucalipto > 70 %
Ideal para combater problemas de gorxa e, en xeral, para problemas do aparello respiratorio.
Moi demandado polos que gustan das cousas doces (nenos).
Pouca tendencia a cristalizar.
Brezo- Queiroga
Cor ámbar escura con tons vermellos, aroma a bosque no outono, gusto doce con notas salgadas e amargas. Mel característico e inconfundible.
Pole de ericas > 45 %
Apropiado para combater problemas renais e das vías urinarias.
Ideal para os que gustan pouco das cousas doces. Para usar con produtos lácteos, filloas, cociña, etc. Gran valor comercial.
Melato de carballo
Cor ámbar moi escura, case negra.
Aroma malteado, moi intenso e persistente.
Mel doce cun claro compoñente salgado.
Condutividade eléctrica > 0,8 (mS/cm)
Mel cun alto valor biolóxico.
Combina moi ben cos lácteos, froitos secos, filloas.
Non cristaliza.
Silva
Cor ámbar, aroma floral e afroitado, gusto doce con compoñentes acedos e afroitados.
Pole de silva > 45 %
Mel moi dixestivo, uso en repostería.
Ideal para facer mel crema.
Usar para untar.
Multiflorais
Mestura de meles con variada orixe floral: castiñeiro, silva, queiroga e outras flores de monte.
Mel doce con notas salgadas, amargas ou acedas, dependendo das floracións máis abundantes na contorna das abellas.
Representa a nosa tradición en meles.
Mellora moito o valor dietético da nosa alimentación ao substituírmos o azucre por este mel en todos os casos.
Máis que mel!
Andando cos tempos da comunicación e da venda en liña, os abelleiros e as abelleiras de Erica queremos responder con esa espléndida e diversa táboa panorámica de pétalos nutritivos a base de mel, pole e xelea real, así como coas súas posibles combinacións intrínsecas, para os consumidores e as consumidoras.
Máis que mel ofrécelles eses produtos alimenticios das abellas nas máis exquisitas gamas de calidade, cos seus sabores, aromas, colores, estados líquido ou cristalizado e propiedades naturais de seu alimenticias e terapéuticas.
O gusto das flores e das paisaxes de Galicia é de noso voso! Saúde!!
Mel Bombá
Unha bomba estimulante enerxética, antibiótica e revitalizante: mel-pole-própole-xelea real, hidratos, proteínas, vitaminas e antibióticos naturais unidos
Mel con Xelea
Estupendo estimulante enerxético do mel coas vitaminas da xelea real.
Mel con Própole
Fortalecemento das nosas defensas inmunitarias a partir do mel enriquecido cos antibióticos naturais da própole.
Pole
A rica e variada proteína vexetal das flores da Nosa Terra.
Visítanos
ERICA MEL S.C.G.
Feira nova s/n. Santa María
15819 Arzúa, A Coruña
Chámanos
981 508 142
Escríbenos
cooperativa@ericamel.gal
tenda@ericamel.gal





