981 508 142

Mel ecolóxico A Botica das Abellas

9,00

"A Botica das Abellas” é unha nova línea de produtos, froito dunha colaboración entre Erica Mel, o museo O Enredo do Abelleiro e Abella Meiga, a empresa apícola de produción ecolóxica de Jara e Marcos Varela. A unión destas entidades de renome no sector apícola galego, dou como resultado estes exquisitos produtos de alta gama, elaborados de forma artesanal cunha selección dos mellores meles de Galicia.

O mel ecolóxico" A Botica das Abellas" provén da produción ecolóxica de Abella Meiga, unha empresa familiar afincada en Outeiro de Rei (Lugo) que recolle os seus meles das colmeas que teñen distribuidas pola Serra dos Ancares e montes do interior de Lugo. Son meles escuros e de montaña, con predominio de queirogas, castiñeiro e melato de carballo, así como outras flores silvestres. Trátase dun mel de sabor e olor intenso, ideal para acompañar postres lácteos e elaborar salsas. O mel ecolóxico "A Botica das Abellas" certificado polo CRAEGA Consellor Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Só dispoñible en envase de 500 g.

Información adicional

Pesos

500 gr

ERICA MEL
Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.    Máis información
Privacidad