981 508 142

Mel e xelea – A Botica das Abellas

12,00

Descripción

“A Botica das Abellas” é unha nova línea de produtos, froito dunha colaboración entre Erica Mel, o museo O Enredo do Abelleiro e Abella Meiga, a empresa apícola de produción ecolóxica de Jara e Marcos Varela. A unión destas entidades de renome no sector apícola galego, dou como resultado estes exquisitos produtos de alta gama, elaborados de forma artesanal cunha selección dos mellores meles de Galicia.

O mel e xelea “A Botica das Abellas” provén dunha esmerada e coidada elaboración artesanal por parte do Enredo do Abelleiro, utilizando materias primas seleccionadas por Erica Mel. Trátase dun mel cremoso, elaborado a través dun proceso controlado de cristalización do mel, ó que se lle engade un 4% de xelea real. A xelea real é un superalimento, dos máis completos da natureza, elaborado polas abellas no interior da colmea como alimento para as larvas e a raíña. O resultado desta combinación de mel e xelea é un delicioso mel cremoso, de textura densa e suave, cun alto valor nutritivo e terapéutico. Aconséllase tomar en pequenas cantidades.

Os meles crema “A Botica das Abellas” ofrécense en envase de 250 g e son produtos de cantidade limitada, que só se elaboran durante unha época do ano polo que están dispoñibles ata fin de existencias.

Información adicional

Pesos

250 g

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad