ERICA MEL CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA ABELLA
ERICA MEL CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA ABELLA
20 de maio – Santiago de Compostela

26/05/2022

O Día Mundial da Abella, declarado oficialmente polas Nacións Unidas no ano 2017, ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas e difundir os moitos beneficios que nos aportan. Esta data é unha ocasión para lembrarnos que as abellas son indispensables para vida do planeta, xa que son as garantes do mantemento da biodiversidade e da produción de alimento para os humanos, grazas a súa función polinizadora. A sociedade ten o deber e a necesidade de protexer estes pequenos e importantes insectos que, xunto co resto de polinizadores, están cada vez máis ameazados pola degradación do medio ambiente.

No evento presentouse e a publicación “Os Bolechas – Máis que Mel”, realizada por Máisquemel e Bolanda Edicións, coa presenza dos seus promotores e o autor e creador dos Bolechas, Pepe Carreiro. No acto participou un grupo de nenos e nenas do CEIP López Ferreiro, que realizou uns obradoiros sobre o mundo das abellas e instalouse unha exposición na biblioteca que se poderá visitar ata o día 27 de maio.

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad