DÍA MUNDIAL DA ABELLA

Día Mundial da Abella. 20 de maio – Santiago de Compostela

Erica Mel celebrará o vindeiro 20 de maio o Día Mundial da Abella, colaborando nunha actividade do colectivo Máisquemel, que terá lugar o venres 20 de maio na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela.

O acto consistirá na presentación da publicación “Os Bolechas – Máis que Mel”, un libro infantil con formato de guía didáctica que acaba de ser editado por Máisquemel xunto con Bolanda Edicións, e a realización dunha actividade para un grupo de nenos e nenas do CEIP López Ferreiro.

Estarán presentes o autor e creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, e tres das pequenas protagonistas desta historia: Ulla, Iria e Roi, que participan neste conto amosándolle ós Bolechas o interesante mundo das abellas.

Ademais, dende o 19 ó 27 de maio, instalarase a exposición “O mundo das abellas” na biblioteca, xunto cunha mostra bibliográfica sobre abellas, tanto para público adulto como infantil.

Máis información:

Tel. 981 589 534 / www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal

Na nosa tenda…

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad