APRAZAMENTO DO EVENTO “MÁIS QUE MEL E OS BOLECHAS”
4 de xuño de 2022, de 10 a 14h. – Arzúa

01/06/2022

Debido ás previsións de mal tempo para esta fin de semana, o evento “Máis que Mel e os Bolechas” previsto dentro da Xornada “Máis que Mel” do sábado 4 de xuño, queda adiado ata vindeiro aviso.

Dende Máisquemel lamentan ter que cancelar esta actividade pero, ó realizarse na súa totalidade en espazo exterior, non é viable a súa celebración coa previsión de choiva. Informaremos tan pronto teñamos confirmada a nova data.

As actividades do Día do Cooperativismo organizadas por Erica Mel S.C.G. sí que se levarán a cabo, polo que animamos a todas as persoas interesadas a participar, tanto na mesa redonda que terá lugar ás 11.30 h. sobre o aproveitamento dos nosos montes e cultivos para a apicultura, así como aproveitar as ofertas de material e produtos da cooperativa que haberá en exclusiva durante esta xornada.

Para máis información:

www.ericamel.gal

www.maisquemel.gal

ERICA MEL
Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.    Máis información
Privacidad