A BOTICA DAS ABELLAS: APITERAPIA NATURAL E ALIMENTACIÓN SAUDABLE

“A Botica das Abellas” é unha nova línea de produtos froito da colaboración entre Erica Mel, o museo O Enredo do Abelleiro e Abella Meiga, empresa apícola de produción ecolóxica. A unión destas entidades de renome no sector apícola galego, dou como resultado estes exquisitos e saudables produtos de alta gama, elaborados de forma artesanal cunha selección dos mellores meles de Galicia.

Esta línea de produtos inclúe diferentes tipo de meles. Por un lado temos os meles crema, elaborados no Enredo do Abelleiro, a partir de produtos seleccionados por Erica Mel e co esmero e saber facer de Amparo Pardo, a xerente do museo. O mel ecolóxico provén da Serra dos Ancares, onde Marcos e Jara Varela, apicultores de Abella Meiga, recollen o mel que as súas abellas elaboran neste paraíso natural de Galicia.
Visita a nosa tenda online e coñece mellor estes novos e deliciosos produtos!
Acepta as cookies para serguir navegando nesta web.   
Privacidad